Requiario
terceiro rei suevo de Galiza / From Wikipedia, the free encyclopedia
Requiario (tamén Rechiar ou Reckiario[1]e en latín: Rechiarius) foi o terceiro monarca suevo que gobernou o Reino Suevo de Galicia, dende o ano 448, sucendendo ao seu pai Requila, ata a súa morte en decembro de 456. Foi o primeiro rei xermánico de toda Europa que adoptou o catolicismo e tamén o primeiro en cuñar moeda propia. A pesar disto, Hidacio descríbeo como bárbaro e con poucas nocións da lei romana, así foi que o seu belicismo e ambición remataron por causarlle a morte nunha guerra que sería o comezo dunha era escura para o reino suevo.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 415 |
Morte | decembro de 456 (Gregoriano) (40/41 anos) Porto |
Causa da morte | Pena de morte (Decapitación ) |
3º Rei dos suevos Gallaecia | |
448 – 456 ← Requila – Aguiúlfo, Frantán, Maldras → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Relixión | Cristianismo niceno, paganismo xermánico e Cristianismo calcedonio |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei Rei de Galicia |
Cónxuxe | muller de Requiario |
Pai | Requila |
Irmáns | Ricimer |
Parentes | Teodorico I, rei visigodo (sogro) Turismundo (cuñado) Teodorico II, rei visigodo (cuñado) Eurico (cuñado) |
Pechar