Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou a admisión de Palestina como Estado observador non membro da Organización.[1] Sen prexuízo dos dereitos xa adquiridos pola Organización para a Liberación de Palestina (OLP), o status de Palestina nas Nacións Unidas pasou de ser entidade non membro da Organización a Estado non membro, semellante á situación da Santa Sé. A resolución aprobouse o 29 de novembro de 2012 na 67.ª sesión da Asemblea Xeral, coincidindo co Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino. A resolución aprobouse por unha ampla maioría da Aeamblea, aínda que contou con rexeitamento frontal do Estado de Israel, parte implicada no conflito árabe-israelí.
Datos rápidos Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Asunto ...
Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas | |
---|---|
Asunto | O status de Palestina nas Nacións Unidas |
data | 29 de novembro de 2012 |
Sesión núm. | 67 |
Código | A/RES/67/19 Documento oficial[i] |
Votación | A favor: 138 En contra: 9 Abstención: 41 Ausentes: 5 |
Resultado | Aprobada |
Pechar