Fernando VII
Rei de España (1784-1833) (r. 1808;1813-1833) / From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando VII de España, alcumado "o desexado" e tamén "o felón",[1] nado en San Lorenzo de El Escorial o 14 de outubro de 1784[2] e finado en Madrid o 29 de setembro de 1833, foi príncipe de Asturias (1788-1808) e, posteriormente, rei de España entre marzo e maio de 1808 e de novo, trala expulsión do «rei intruso» Xosé I Bonaparte e o seu retorno a España, dende maio de 1814 até a súa morte en 1833, agás nun breve intervalo de tempo en 1823, en que foi destituído polo consello de Rexencia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Fernando VII | |
---|---|
Rei de España | |
Nacemento | 14 de outubro de 1784 San Lorenzo de El Escorial |
Falecemento | 29 de setembro de 1833 (48 anos) Madrid |
Predecesor | Carlos IV de España |
Sucesor | Xosé I (non recoñecido polas Cortes), despois Isabel II |
Descendencia | Isabel II e María Luísa Fernanda de Borbón |
Casa real | Casa de Borbón |
Proxenitores | Carlos IV María Luísa de Parma |
Na rede | |
Fillo e herdeiro de Carlos IV e de María Luísa de Parma, que foran depostos tralo motín de Aranjuez, tivo unha enorme popularidade nos primeiros momentos entre o pobo español, que o alcumara como "o desexado" cando fora obrigado a abdicar en Baiona, polo que pasou toda a guerra da Independencia en Valençay na calidade de preso de Napoleón I, a quen chegou a solicitar ser o seu fillo adoptivo:[3]
O meu maior desexo é o de ser fillo adoptivo da S.M. o emperador, soberano noso. Eu creo ser merecedor desta adopción que, verdadeiramente, faría a felicidade da miña vida, tanto polo meu amor e afecto á sagrada persoa da S.M., como pola miña submisión e enteira obediencia ás súas intencións e desexos.
O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola guerra da Independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas guerras carlistas.
En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador en América Latina, que rematará a finais do século XIX.