Rexión Indomalaia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A rexión indomalaia é unha das oito ecozonas en que se dividiu o planeta. Abrangue a maior parte do Asia do sur e do sueste.
Anteriormente coñecíase en bioxeografía como rexión Oriental. A ecozona indomalaia esténdese desde Afganistán e Paquistán ao subcontinente Indio, o sueste de Asia e as provincias chinesas tropicais e subtropicais de Guangxi, Yunnan e Hainan. Cobre as maiores illas de Indonesia ata as illas de Balí ao sur, e Borneo ao norte, ao leste das cales se encontra a liña de Wallace, que delimita a fronteira desta ecozona coa de Australasia. A rexión indomalaia tamén inclúe as Filipinas, as terras baixas de Taiwán e as illas xaponesas de Ryukyu.