From Wikipedia, the free encyclopedia
Ricardo II de Normandía, nado o 23 de agosto de 963 e finado o 28 de agosto de 1027), chamado Ricardo o Bo, foi fillo e herdeiro do duque Ricardo sen medo, e gobernou o ducado desde 996 ata a súa morte.
Durante o seu reinado, enfrontouse a unha insurrección dos campesiños e promoveu unha reforma dos mosteiros normandos. Axudou ao rei Roberto II de Francia a loitar contra o ducado de Borgoña e detivo os ataques ingleses que o rei Etelred II emprendeu contra a Península de Cotentín.
Para mellorar as relacións con Inglaterra promoveu o matrimonio da súa irmá Emma co rei Etelred. Aínda que a raíña Emma estaba mal vista polos ingleses, esta conexión permitiría ao seu neto Guillerme o conquistador reclamar o trono de Inglaterra medio século despois.
8. Rollo | ||||||||||||||||
4. Guillerme I de Normandía | ||||||||||||||||
9. Poppa | ||||||||||||||||
2. Ricardo I de Normandía | ||||||||||||||||
5. Sprota | ||||||||||||||||
1. Ricardo II de Normandía | ||||||||||||||||
3. Gunnora | ||||||||||||||||
En 996 casou en primeiras nupcias con Judit de Rennes (982-1017), filla de Conan I da Bretaña. Os fillos da unión foron:
En segundas nupcias casou con Poppa de Envermeu, con quen tivo dous fillos:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ricardo II de Normandía |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.