político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Ricardo Martín Esperanza, coñecido como Caíto, nado en Ourense o 29 de setembro de 1911 e finado en Madrid o 17 de outubro de 1983, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1911 Ourense, España |
Morte | 17 de outubro de 1983 (72 anos) Madrid, España |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
24 de xuño de 1970 – 12 de novembro de 1971 ← David Ferrer Garrido Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Ourense | |
1970 – 1974 ← David Ferrer Garrido – Miguel Riestra París → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Vencellado ao tradicionalismo, formou parte, xunto con Eduardo Valencia e Francisco Rodríguez, do Triunvirato Provincial de Falange Española de las JONS, constituído en Canedo en 1934[1]. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi detido pola súa filiación falanxista. Foi desterrado a Asturias e despois a Verín. Pasou a Guerra Civil na zona republicana e ao rematar estivo un tempo nun campo de concentración e pasou despois á Coruña. Foi o primeiro Director Xeral da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1948-1974), alcalde de Ourense (1970-1974) e procurador nas Cortes Españolas. En 1981 viuse implicado nun escándalo financeiro pola súa xestión en Caixa Ourense[2]. Logo de sucesivos aprazamentos pola doenza cardíaca que padecía, viuse a causa na Sala II do Tribunal Supremo. Condenado, foi indultado de parte da condena no mesmo xuízo e tampouco chegou a cumprir a pena de reclusión menor pola súa enfermidade. Logo de permanecer internado dous meses no verán de 1981, concedéronlle a liberdade condicional. Logo déronlle un indulto especial, sendo ministro de Xustiza Pío Cabanillas. Finou en Madrid o 17 de outubro de 1983.[3][4]
Predecesor: David Ferrer Garrido |
Alcalde de Ourense 1970 – 1974 |
Sucesor: Miguel Riestra París |
Casou con Vicenta Pérez López e foi pai de Ricardo, Victoria e Isabel Martín-Esperanza Pérez.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.