Risco natural
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un risco natural é aquel fenómeno físico que produce un dano no ambiente e como consecuencia pode producir desastres ou catástrofes naturais, que causan crises nos diferentes sectores da sociedade.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
O impacto dos riscos naturais pódese reducir de diferentes maneiras como por exemplo por campañas de prevención, adoptando políticas de xestión adecuadas, mellorando a comprensión dos fenómenos xeodinámicos dos propios riscos...
O termo risco natural vén dado pola seguinte expresión:
- RISCO = PERIGOSIDADE + VULNERABILIDADE
A perigosidade refírese á probabilidade de que un determinado fenómeno se poida producir ou non. A vulnerabilidade é o impacto do fenómeno sobre a sociedade.
É necesario facer diferenza entre riscos actuais e riscos potenciais:
- Riscos actuais: como por exemplo un acuífero contaminado que esta empregándose, un volcán en erupción. Estes riscos fan dano aínda sen desenvolver todo o seu potencial.
- Riscos potenciais: un volcán inactivo, unha aba en equilibrio estrito son exemplos.