From Wikipedia, the free encyclopedia
O culto pagán nórdico está composto polos rituais relixiosos tradicionais practicados polos pobos nórdicos en Escandinavia en tempos precristiáns. O paganismo nórdico foi unha relixión popular (en contraposición dunha relixión organizada), e o seu propósito principal era a supervivencia e a rexeneración da sociedade. Polo tanto, enténdese que o culto estaba descentralizado e ligado á aldea e á familia, a pesar de que existen evidencias de grandes festas relixiosas nacionais. Os líderes dirixían o culto en nome da sociedade; a nivel local, o líder era o xefe da familia, e en todo o país, o líder era o rei. Os escandinavos precristiáns non tiña unha verba para a relixión no senso moderno. O homólogo máis achegado é a palabra sidr, que significa costume. Isto implicou que o Cristianismo, durante o período da conversión, fose chamado nýr sidr (o novo costume), mentres que o paganismo era chamado forn sidr (o vello costume). O centro de gravidade da relixión pre-cristiá radicaba na práctica relixiosa, é dicir, os actos sagrados, os rituais e o culto ós deuses.[1]
A relixión nórdica non foi homoxénea en ningún momento, pero era un conglomerado de costumes e crenzas relacionadas. Estas puideron ser herdadas ou emprestadas,[2] e malia que as grandes distancias xeográficas de Escandinavia levaron a unha serie de diferenzas culturais, a xente entendía e compartía as tradicións, os mitos poéticos e as costumes dos demais.[3] O sacrificio, (blót) xogou un papel importante en moitos dos rituais que coñecemos hoxe en día, e a festa comunitaria coa carne dos animais sacrificados, xunto co consumo de cervexa e hidromel, xogou un papel importante nas celebracións do calendario xermánico. Segundo que práctica, é probable que outros produtos alimenticios como o trigo foran utilizados no canto da carne. O obxectivo destes sacrificios era garantir a fertilidade e o crecemento. Porén, as crises repentinas ou os actos de transición como nacementos, vodas e enterros tamén poderían ser a razón. Daquela, había unha distinción clara entre o culto público e privado, e os rituais estaban estipulados segundo o fogar, a persoa e as estruturas da sociedade.[4]
Non está claro ata que punto os mitos coñecidos corresponden ás crenzas relixiosas dos escandinavos en tempos precristiáns, nin como actuaba a xente na vida cotiá. Os escandinavos non deixaron ningún texto sobre as súas prácticas relixiosas, e os textos cristiáns sobre o tema están influenciados por malentendidos e prexuízos negativos, xa que os cristiáns viron as crenzas nórdicas como supersticións e culto ó demo. Foron atopadas algunhas evidencias arqueolóxicas, pero non é doado interpretar de forma illada o material escrito.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.