From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Mulligan, nado en Nova York o 23 de agosto de 1925 e finado en Lyme (Connecticut) o 20 de decembro de 2008 foi un director de cinema e televisión estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Robert Patrick Mulligan 23 de agosto de 1925 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 20 de decembro de 2008 (83 anos) Lyme, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Fordham (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | director de cinema , produtor de cinema , realizador |
Período de actividade | 1948 - 1992 |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Conflito | Segunda guerra mundial |
Premios
| |
|
Mulligan estudou na Universidade de Fordham antes de servir como marine durante a segunda guerra mundial. Ao rematar a guerra conseguiu traballo no departamento editorial de The New York Times, mais deixouno para facer unha carreira na televisión.
Empregado pola CBS, comezou como mensaxeiro, aprendendo o oficio, e en 1948 xa dirixía programas importantes.
Debutou no cinema en 1957 con Fear Strikes Out, con Anthony Perkins. A principios da década de 1960 o seu colaborador Alan J. Pakula propúxolle dirixir To Kill a Mockingbird (1962), baseado na novela de Harper Lee.
En 1971 logrou un grande éxito comercial con Verán do 42, mais a partir da década de 1980 resultoulle máis complicado atopar traballo. O seu último filme foi Verán en Louisiana (1991), protagonizado pola debutante Reese Witherspoon.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.