![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/78/Roch_Marc_Christian_Kabor%25C3%25A9.jpg/640px-Roch_Marc_Christian_Kabor%25C3%25A9.jpg&w=640&q=50)
Roch Marc Christian Kaboré
Presidente de Burkina Faso / From Wikipedia, the free encyclopedia
Roch Marc Christian Kaboré, nado en Uagadugú o 25 de abril de 1957, é un político burkinense, Presidente de Burkina Faso dende o 29 de decembro de 2015. De 1994 a 1996 foi Primeiro ministro e de 2000 a 2012 Presidente da Asemblea Nacional de Burkina Faso. Militou no Congreso para Democracia e Progreso (CDP) fundado polo entón presidente Blaise Compaoré. En xaneiro de 2014 abandonou o partido para fundar o Movemento polo Pobo e o Progreso (MPP).
Tras gañar as eleccións presidenciais o 29 de novembro de 2015 converteuse no primeiro mandatario civil elixido democraticamente dende que o goberno civil de Maurice Yaméogo fose derrocado e o país estivese dirixido por gobernos militares durante case 40 anos.
En novembro de 2021, Roch Marc Christian Kaboré debe enfrontarse a manifestacións contra a crecente inseguridade no país e están no poder.