Rodrigo Topiltzin Vizcaíno Bravo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodrigo Topiltzin Vizcaíno Bravo | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1981 |
Estado de Veracruz | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.)
Rodrigo Topiltzin Vizcaíno Bravo, nado en Xalapa, Veracruz, México, o 23 de xaneiro de 1981, é un tradutor e editor galego.
Traxectoria
Estudou Lengua y Literatura Hispánicas pola Universidad Veracruzana e fixo o doutoramento en Estudos Clásicos e Medievais pola Universidade de Santiago de Compostela. É tradutor de linguas inglesa, francés e español a galega. Traduciu títulos para Rinoceronte e sobre todo para Urco editora, empresa editorial da que forma parte actualmente. Entre 2011 e 2013 foi tamén co-editor en Edicións Barbantesa.
Obra
Traducións
- Contos da arcea, de Guy de Maupassant, 2013, Biblioteca virtual de literatura universal en galego (Bivir).
- Carapuchiña vermella, de Charles Perrault, 2007, Rinoceronte Editora.
- Contos de amor de loucura e de morte, de Horacio Quiroga, 2012, Urco Editora.
- O xogo de Ender, de Orson Scott Card, 2011, Urco Editora.
- Crónicas do mañá. 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción, de varios autores (antoloxía de José Miguel Sánchez “Yoss”), 2010, Urco Editora, en colaboración con Tomás González Ahola.
Obras colectivas
- A chamada de Cthulhu e outros relatos de terror cósmico, de H.P. Lovecraft, 2010, Urco. Cotradutor, con Fran Morell e Tomás González Ahola.
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.
Cover photo is available under {{::mainImage.info.license.name || 'Unknown'}} license.
Cover photo is available under {{::mainImage.info.license.name || 'Unknown'}} license.
Credit:
(see original file).