
Roma
comuna italiana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia (axuda · info)) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018)[1], capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.[3] Tamén é o municipio europeo coa maior área de zonas verdes. A cidade ten un sistema administrativo especial, chamado Roma Capitale, rexido por unha lei estatal.[4]
Roma | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Vistas da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Lacio | ||
Provincia | Provincia de Roma | ||
Xeografía | |||
Altitude | 20 msnm | ||
Superficie | 1.285,31 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2.856.133 hab. (2018)[1] | ||
Densidade | 2.222 hab/km² | ||
Xentilicio | Romano[2] | ||
Outros datos | |||
Código postal | 00100; 00121 a 00199 | ||
Alcalde | Ignazio Marino (PD) | ||
Páxina oficial de Roma |
Fundada segundo a tradición o 21 de abril de 753 a. C. (aínda que escavacións recentes no sitio arqueolóxico de Lapis Níger datan a súa fundación dous séculos antes[5][6]) durante os seus tres milenios de historia foi a primeira metrópole da humanidade,[7] sendo o corazón dunha das civilizacións antigas máis importantes, que influíron na sociedade, cultura, lingua, literatura, arte, arquitectura, filosofía, relixión, dereito e costumes dos séculos seguintes.
É a cidade coa máis alta concentración de bens históricos e arquitectónicos do mundo;[8] o seu centro histórico delimitado polo perímetro que marcan as murallas aurelianas, superposición de pegadas de tres milenios, é a máxima expresión do patrimonio histórico, artístico e cultural do mundo occidental.[9] En 1980, xunto ás propiedades extraterritoriais da Santa Sé que se atopan na cidade e a basílica de San Paulo Extramuros, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco.[10][11]
Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo, cidade santa do catolicismo e destino de peregrinación (vías romeas) e tamén a única cidade do mundo que ten no seu interior unha entidade estatal autónoma: o enclave da Cidade do Vaticano, que se atopa baixo o poder temporal do papa.[12] Por tal motivo coñecéuselle tamén como a capital de dous Estados.[13][14]
Por antonomasia, coñécese desde a antigüidade como a Urbs, Caput mundi (en galego, "cidade, cabeza do mundo") e tamén é chamada "A Cidade Eterna" (en italiano: Città Eterna).