Roma (filme de 2018)
filme de 2018 dirixido por Alfonso Cuarón / From Wikipedia, the free encyclopedia
Roma é un filme dramático de 2018 escrito, co-producido, co-editado e dirixido por Alfonso Cuarón. Trátase dunha coprodución entre os Estados Unidos e México e está protagonizado por Yalitza Aparicio, Marina de Tavira, Marco Graf, Daniela Demesa, Enoc Leaño e Daniel Valtierra. Está ambientado a comezos da década de 1970, e a historia é unha semiautobiografía do propio Cuarón e a súa nenez en Cidade de México. Conta a historia dunha serventa e neneira que traballa para unha familia de clase media.[11][12] O título refírese á Colonia Roma, un barrio de Cidade de México.[13]
Roma | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Roma |
Director | Alfonso Cuarón |
Produtor |
|
Guión | Alfonso Cuarón |
Intérpretes |
|
Fotografía | Alfonso Cuarón |
Montaxe | Alfonso Cuarón Adam Gough |
Estudio | |
Distribuidora | |
Estrea | Festival de Venecia: 30 de agosto de 2018 21 de novembro de 2018 |
Duración | 135 minutos[7] |
Orixe | México Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 15 millóns de dólares[8] |
Recadación | 4,1 millóns de dólares[9][10] |
Na rede | |
https://www.romamovie.com/ | |
|
Roma estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Venecia o 30 de agosto de 2018, onde gañou o León de Ouro. Tivo unha estrea limitada nos cinemas o 21 de novembro de 2018, e comezou a súa distribución en Netflix o 14 de decembro de 2018.[14][15] O filme recibiu aclamación universal polo guión, dirección e fotografía de Cuarón, así como polas actuacións de Aparicio e de Tavira. Na 91ª edición dos Oscar estivo nomeado en 10 categorías, entre elas mellor actriz (Aparicio) e actriz secundaria (de Tavira); finalmente gañou os premios de mellor filme en lingua non inglesa, mellor fotografía e mellor director.