From Wikipedia, the free encyclopedia
O romaní dos Cárpatos, tamén coñecido como romaní central, é un grupo de dialectos do romaní que son falados polo pobo xitano dende o sur de Polonia até Hungría, e dende o leste de Austria até Ucraína. Esta variedade é un da ducia de dialectos principais dentro da lingua romaní, unha lingua indoaria de Europa. Os dialectos do romaní central do norte son falados tradicionalmente por algúns subgrupos étnicos do pobo romaní en Hungría, a República Checa e Eslovaquia (agás nas súas rexións suroeste e centro-sur), ao sueste de Polonia, na rexión de Zakarpatia de Ucraína e partes de Transilvania, en Romanía. Tamén hai comunidades de emigrantes falantes de romaní central estabelecidas nos Estados Unidos, e comunidades de emigrantes recentes no Reino Unido, Irlanda, Bélxica outros países de Europa occidental.
Romaní dos Cárpatos | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Romaní central | |
Falado en: | Polonia, a República Checa, Eslovaquia, Austria, Ucraína, Eslovenia | |
Total de falantes: | 150 000 na República Checa, Eslovaquia e Ucraína (censos de 2001 & 2011) | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Central Romaní Romaní dos Cárpatos | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | rmc
| |
Mapa | ||
Status | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.