A lingua romanche[2] é unha lingua romance falada no cantón suízo de Grisóns. Está emparentada con outras linguas que se falan en Italia, Suíza e Francia. Os cinco dialectos retorrománicos máis falados son sursilvan, sutsilvan, surmiran, puter e vallader. Puter e vallader, en ocasións, considéranse un só subgrupo: romanche ladino.

Datos rápidos Romanche Reto-romance, Status oficial ...
Romanche
Reto-romance
Falado en: Suíza, Austria, Italia
Rexións: Cantón de Grisóns
Total de falantes: 35.000
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Retorrománica
      Romanche
Status oficial
Lingua oficial de: Suíza
Códigos de lingua
ISO 639-1: rm
ISO 639-2: roh
ISO 639-3: roh
SIL: RHE
Mapa
Thumb
Áreas de Suíza onde se fala a lingua romanche (verde escuro).
Status
Thumb
O romanche está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Pechar

É falada por arredor dunhas 35.000 persoas como lingua materna e por outras 40.000 como segunda lingua. A maioría dos falantes tamén utilizan o alemán. É unha lingua considerada en risco de extinción, falada por menos do 1% dos 7,4 millóns de habitantes da Suíza. É a lingua oficial menos falada do país e sofre as consecuencias da concorrencia co alemán, falado maioritariamente pola poboación en xeral.

Historia

O primeiro rexistro escrito da lingua romanche data de 1552, na forma dunha lición de catecismo chamada Christiauna fuorma, rexistrada por Jacob Bifrun no dialecto Engadino. Unha tradución en romanche do Novo Testamento publicouse en 1560.

O romanche non foi considerado unha lingua oficial da Suíza ata 1938. O cantón de Grisóns, maior reduto do romanche, é o único considerado trilingüe da Suíza, pois aló fálanse tamén o alemán e o italiano. Os falantes do idioma son obrigados a aprender tamén o alemán, tanto o (alemán) estándar como o dialecto suízo alemán local (alemánico), para ter acceso aos mellores empregos e á maioría das institucións federais no país.

Ortografía

A ortografía do romanche foi unificada, a partir das diferentes variedades, polo lingüista Heirich Schmid en 1982. Esa tentativa tentaba facilitar a comunicación entre os falantes do Baixo Engadino (Vallader), Alto Engadino (Puter), Sobremirano (Surmiran), Subselvano (Sutsilvan) e Sobreselvano (Sursilvan), cada cal coa súa propia norma ortográfica, e fornecer un carácter de unidade ao romanche. Esa nova escrita chámase Rumantsch Grischun, e hai controversia sobre o seu papel no ensino.[3] Algúns dialectos son tan diferentes que dous falantes de variedades do romanche poden preferir falar alemán para se comunicar.

Dialectos

O romanche non é unha lingua única, senón un conxunto de dialectos pertencente á póla retorrománica das linguas romanas. As súas linguas parentes máis próximas son o ladino, falado na rexión do Trentino-Tirol do Sur e o friulano, falado no Friuli-Veneza Giulia, no norte da Italia.

A diferenza entre as variedades de romanche está presentada nas frases abaixo, que significan "a raposa (o golpe) estaba famenta de novo":

Romanche oficial:

La vulp era puspè ina giada fomentada.

Baixo Engadino:

La vuolp d'eira darcheu üna jada fomantada.

Alto Engadino:

La vuolp d'eira darcho üna vuota famanteda.

Sobremirano:

La golp era puspe eneda famantada.

Subselvano:

La gualp eara puspe egn'eada fumantada.

Sobreselvano:

L'uolp era puspei inagada fomentada.

A distancia xeográfica e as condicións topolóxicas das rexións na Suíza nas que se fala o romanche, sumadas a factores socioeconómicos, foron responsábeis da fragmentación da lingua ao longo dos séculos. As diferentes ortografías son exemplos desa división dialectal.

Comparación de Léxico entre os distintos dialectos

Máis información Galego, Surselvisch ...
GalegoSurselvischSutselvischSurmeirischPuterValladerRumantsch GrischunLatín
ouroaurorororor,aur,arauraurum
durodirdirdeirdürdürdirdur
olloeglîlîglöglöglegloculus
liviánlevleavlevligerleivlevlevis
trestreistrestreistraistraistraistres
neveneivnevneivnaivnaivnaivniveus
rodarodarodarodaroudaroudarodarota
queixocaschielcaschielcaschielchaschölchaschölchaschielcaseus
casacasatgeasatgesachesachasachasacasa
cantgauntgàntgangchaunchanchauncanis
pernacombatgombatgommachammachommachommagamba
galiñagaglinagagliegnagaglignagillinagiallinagiaglinagallus
gatogatgiatgiatgiatgiatgiatcattus
todotuttuttottuottuottuttotus
formafuormafurmafurmafuormafuormafurmaforma
eujeujoujaeaueujauego
Pechar

Fonoloxía

As consoantes do romanche oficial (Rumantsch Grischun) están representadas no cadro abaixo:

Máis información Bilabiais, Labiodentais ...
  Bilabiais Labiodentais Dentais e alveolares Alvéolo-palatais Postalveolares Palatais Velares
Oclusivas p  b   t  d       k  g
Africadas     ts       
Nasais m   n     ɲ ŋ
Fricativas   f  v s  z   ʃ  ʒ    
Aproximantes     r     j  
Laterais     l     ʎ  
Pechar

Vogais

Os fonemas vogais do romanche son os seguintes:

Máis información Simple, Frontais ...
Simple Frontais Posteriores
Altas i u
Medias-altas ə
Medias-baixas ɛ ɔ
Baixas a
Pechar

Gramática

Como na maioría das demais linguas neolatinas, o romanche presenta dous xéneros (masculino e feminino) e dous números (singular e plural). O plural fórmase en xeral engadindo un -s á palabra no singular.

As palabras masculinas terminan xeralmente en consoante e as femininas en a. Os artigos definidos son como se segue:

il turist - o turista
la turista - a turista

Antes de vogal, os artigos tanto masculino como feminino sofren elisión e tórnanse l':

l'ami - o amigo
l'amía - a amiga

Os artigos plurais son ils para o masculino e las para o feminino.

ils amis
las amias

Os artigos indefinidos son in para o masculino e ina para o feminino.

in curs - un curso
ina scola - unha escola

Non hai artigos indefinidos plurais.

Pronomes

jau - eu
ti - tu (vostede)
el/ella - el/ela

nus - nós
vus - vós (vocés)
els/ellas - eles/elas

Morfoloxía verbal

Aquí están as marcas morfolóxicas do presente do indicativo dos verbos do primeiro grupo da variante subselvana do romanche.

Singular

1. -el
2. as
3. a

Plural
1. -ein
2. -ais
3. -an


Exemplo: cumprar, comprar

Jaucumpr-elNuscumpr-ein
Ticumpr-asVuscumpr-ais
Ilcumpr-aIlscumpr-an

Frases comúns en romanche

Allegra - Ola

Co vai? - Como vai?

Fa plaschair - É un pracer coñecelo(a)

Bun di - Bo día

Buna saira - Boa serán/tarde/noite (cando se chega)

Buna notg - Boa noite (despedida)

A revair - Adeus, chao

A pli tard - Ata logo

I ma displascha - Descúlpeme

Perdunai - Con permiso

Per plaschair - Por favor

Grazia fitg - Moitas grazas

Anzi - De nada

Gratulazions - Parabéns

Bun cletg - Boa sorte

Ils quants è oz? - Que día é hoxe?

Quants onns has ti? - Cantos anos tes?

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.