Romualdo Acevedo Rivero
xornalista e escritor galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Romualdo Acevedo Rivero, nado en Villaviciosa en 1847 e finado en Lugo o 21 de decembro de 1902[1], foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Datos rápidos Nacemento, Lugar de nacemento ...
Romualdo Acevedo Rivero | |
---|---|
Nacemento | 1847 |
Lugar de nacemento | Villaviciosa |
Falecemento | 21 de decembro de 1902 |
Lugar de falecemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xornalista, avogado e político |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
Fillo do médico galego Agustín María Acevedo, director de baños minerais, estudou o bacharelato en Oviedo. Aos catorce anos retornou a Galicia, e estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1867.
En Compostela publicou o seu primeiro traballo na revista El Eco Escolar. Trasladouse a Lugo, colaborou en Revista de España e fundou e dirixiu en Lugo La Idea Moderna. Publicou estudos literarios en El Diario de Lugo, algúns asinados co pseudónimo Amorodul.
Foi concelleiro de Lugo dende 1886, e foi o alcalde interino nalgunhas ocasións.
- "Historia de Ribadeo: datos históricos de la fundación de la villa de Ribadeo" e "La villa y puerto de Ribadeo", en Álbum histórico, científico y literario de Galicia (1887)
- Miscelánea literaria (Lugo, 1892)
- Un lance (Lugo, 1901; xénero folletinesco)
- De La Coruña a La Habana. Viaje del Batallón de Zamora (Lugo, 1901)
- Necrolóxica en La Idea Moderna, 23-12-1902, p. 3.
Bibliografía
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 7.
- "Acevedo Rivero, Romualdo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.