Roxelio Rodríguez de Bretaña
político galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Roxelio Rodríguez de Bretaña, nado en Ourense o 11 de novembro de 1917, foi un político galego.
Roxelio Rodríguez de Bretaña | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1917 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Militante da Federación de Mocedades Galeguistas, alistouse nos requetés para salvar a vida e pasouse ao bando leal. De Francia exiliouse en México en xullo de 1939. Foi o primeiro Secretario Xeral do Padroado da Cultura Galega en 1953. No Padroado tivo problemas polo seu anticomunismo, en especial con Luís Soto, e foi substituído por Carlos Velo. Colaborou en A Nosa Terra e iniciou en decembro de 1952 o programa radiofónico A Hora de Galicia. Foi editor dos números 5 ao 7 da revista Saudade de México. Foi o derradeiro secretario xeral do Partido Galeguista en México en 1945 e de xeito testemuñal ata os anos oitenta; tamén foi secretario de relacións da Irmandade Galeguista.
Bibliografía
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.