Rusia
país no leste de Europa e norte de Asia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante. A porción continental limita ao norte co mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o mar de Chukchi, ao leste co estreito de Bering e o mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta co Xapón, ao sur con Corea do Norte, a China, Mongolia, Casaquistán, o mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está Turquía, e a oeste limita co mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Россия (ru) Российская Федерация (ru) | |||||||||||||||||
Himno | Himno da Federación Rusa (27 de decembro de 2000) | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Rus de Kíiv | ||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Capital | Moscova (1918–) | ||||||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||||||
Escindido de | Unión Soviética (1991) | ||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||
Poboación | 146.804.372 (2017) (8,6 hab./km²) | ||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua rusa | ||||||||||||||||
Relixión | aconfesional | ||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||
Parte de | |||||||||||||||||
Superficie | 17.075.400 km² | ||||||||||||||||
Auga | 13 % | ||||||||||||||||
Bañado por | Mar Báltico, Océano Pacífico, Océano Ártico, Mar Negro e Mar Caspio | ||||||||||||||||
Punto máis alto | Monte Elbrus (5.642 m) | ||||||||||||||||
Punto máis baixo | Mar Caspio (−28 m) | ||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||
Cronoloxía 862: Estado de Rurik (pt) (País) (Chamado dos varangianos (pt) ) 25 de outubro de 1917 (Xuliano): República Socialista Soviética Federativa de Rusia (Estado) causado por Revolución de Outubro 25 de decembro de 1991: Disolución da Unión Soviética (Disolución da Unión Soviética) causado por Mudança de nome oficial | |||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||
Día festivo | |||||||||||||||||
Santo padrón | André Apóstolo | ||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||
Forma de goberno | super-presidential republic (en) | ||||||||||||||||
• Presidente da Federación Rusa | Vladimir Putin (2012–) | ||||||||||||||||
Órgano executivo | Governo russo (pt) | ||||||||||||||||
• Presidente (pt) | Mikhail Mishustin (2020–) | ||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Assembleia Federal da Rússia (pt) , | ||||||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Corte Constitucional da Rússia (pt) | ||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||
PIB nominal | 1.836.892.075.548 $ (2021) | ||||||||||||||||
Exportacións totais | 337.800.000.000 $ (2015) | ||||||||||||||||
Moeda | Rublo ruso | ||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||
Dominio de primeiro nivel | .ru, .рф (pt) , .рус (en) e .su | ||||||||||||||||
Prefixo telefónico | +7 | ||||||||||||||||
Teléfono de emerxencia | 112, 01 (en) , 02 (en) , 03 (en) , 101, 102 e 103 | ||||||||||||||||
Código de país | RU | ||||||||||||||||
Sitio web | gov.ru | ||||||||||||||||
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
- Artigo principal: Historia de Rusia.
Imperio Ruso
O Imperio Ruso foi establecido en 1721 polo tsar Pedro o Grande. O imperio foi o inmediato sucesor do Tsarato de Rusia que fora creado polo tsar Iván o Terrible en 1547 coa súa coroación como tsar.
O Imperio Ruso era unha monarquía hereditaria liderada por un emperador autocrático (tsar) dende a dinastía Romanov. O cristianismo ortodoxo foi a relixión oficial do Imperio e era controlado polo monarca a través do Sagrado Concilio. Os habitantes do Imperio dividíanse en estratos (clases) tales como dvorianstvo (nobreza), clero, comerciantes, cosacos e campesiños. Os nativos de Siberia e a Asia central rexistráronse oficialmente como o estrato chamado inorodsty (estranxeiros).
En 1914 e tras o asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria-Hungría, estala a primeira guerra mundial, na cal Rusia uniuse ao bando aliado. Daquela o Imperio tiña unha extensión de 23.000.000 km² e unha poboación de 171.000.000 habitantes, cun crecemento demográfico do 1,8% anual. O goberno tsarista mandou mobilizar a máis de 8.000.000 homes superando amplamente o exército alemán, que soamente tiña 3.000.000, dous terzos estaban na fronte francesa, polo cal quedaban para a fronte do oeste 1.000.000 persoas, ou sexa que o exército ruso superaba o alemán en 8 a 1, pero o exército ruso non estaba ben adestrado para a guerra, e iso quedou marcado na batalla de Tanneberg, onde 250.000 alemáns venceron a 700.000 soldados rusos. A partir dese momento, os rusos non fixeron máis que retroceder en número de efectivos.
En 1915 os alemáns volven a derrotar as forzas rusas na batalla dos Lagos Mazurianos, o que provocou un descontento social en Rusia. En 1917, tras varios fracasos na fronte, apareceron movementos revolucionarios marxistas. O goberno tivo que desprotexer a fronte para deter os insurrectos, e isto foi aproveitado polas forzas xermanas que avanzaron rapidamente polo territorio ruso. En 1917, tras a Revolución de Outubro, o goberno bolxevique firma un tratado de paz cos alemáns (Tratado de Brest-Litovsk), que puxo fin á participación rusa na primeira guerra mundial.
Revolución de febreiro e Goberno provisional ruso
Cando a autoridade do goberno do tsar empezou a fallar en marzo de 1917, a Duma e o Soviet de Petrogrado competiron polo poder. Como compromiso, formouse o Goberno provisional ruso (composto maioritariamente por membros do Partido Democrático Constitucional) entre os partidos liberais burgueses e os moderados socialistas que debía dirixir o país ata as eleccións da asemblea constituínte. Cando o tsar Nicolao II abdicou o 15 de marzo de 1917 e o seu irmán, o gran duque Miguel, rexeitou o trono o día seguinte, o goberno provisional dirixiu Rusia de xeito formal, mais o seu poder estaba limitado pola crecente autoridade do Soviet de Petrogrado.[1]
O novo goberno pareceu contar inicialmente cun apoio abafador e estivo formado por moitas das máis brillantes figuras dos liberais rusos, como o novo primeiro ministro Georgii Lvov, progresista e respectado veterano do traballo nos zemtsvos.[2]
República Socialista Soviética Federativa de Rusia
- Véxase tamén: República Democrática Federativa de Rusia.
Repetidas e devastadoras derrotas das tropas rusas na primeira guerra mundial levaron a motíns xeneralizados nas principais cidades do Imperio Ruso e á derrota, en 1917, da dinastía dos Romanov, que reinou durante 300 anos. Os comunistas, baixo o comando de Vladimir Ilich Ulianov (coñecido como Lenin) conquistaron o poder deseguido, e formaron a URSS, na que Rusia ingresou como a República Socialista Soviética Federativa de Rusia. Baixo o goberno de Iosif Stalin (nado en Xeorxia) o dominio Ruso baixo a Unión Soviética fortaleceuse, ao custo de millóns de mortos e deportacións. A economía e a sociedade soviética ficaran atufadas nos anos posteriores até que o Secretario Xeral do Partido Comunista Mikhail Gorbachev introduciu a chamada glasnost (abertura, transparencia) e a perestroika (reestruturación) nunha tentativa de modernizar o comunismo, mais as súas iniciativas, sen que o desexase, estimularon forzas que, máis tarde, en 1991 provocaron a independencia das 15 repúblicas. Aínda que as constitucións soviéticas establecesen o dereito dunha república a separarse, quedou en teórico e moi improbable dado o centralismo soviético. Naquel momento, as repúblicas chegaron a ser países independentes, con algunha aínda frouxa organización baixo o título de Comunidade de Estados Independentes.
Dende entón, Rusia leva feito esforzos para construír un sistema político democrático e unha economía de mercado, para substituír o ríxido plan e control social, político e económico do período comunista. Un conflito de guerrillas forte aínda ocorre na rexión do Cáucaso ruso, na república da Chechenia.
Federación Rusa
Coa independencia en 1991 da Unión Soviética creouse a actual Federación Rusa. Rusia era a máis grande das 15 repúblicas que formaban a Unión Soviética, acumulaba máis do 60% do PIB e máis da metade da poboación. Os rusos tamén dominaban o exército soviético e o Partido Comunista. Por isto, Rusia foi amplamente aceptada como o estado sucesor da antiga URSS en canto ós asuntos diplomáticos se refire, e pasou a formar parte como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas.
A pesar desa aceptación, a Rusia postsoviética carecía do poder militar, político e económico da URSS. Rusia conseguiu que as demais ex Repúblicas Soviéticas entregasen voluntariamente as armas nucleares, concentrándoas así baixo o mando das aínda efectivas forzas aéreas, pero a maior parte do exército e a frota rusa estaban inmersos na confusión en 1991. Antes da disolución formal da Unión Soviética, Boris Eltsin fora elixido Presidente de Rusia en xuño de 1991 na primeira elección presidencial directa da historia rusa. En outubro de 1991, cando Rusia estaba ao bordo da independencia, Eltsin anunciou que o país procedería cunha reforma radical cara á economía de mercado seguindo as directrices do "big bang" polaco, tamén coñecido como terapia de choque.
Hoxe en día Rusia aínda ten parte da cultura política e a estrutura social do seu pasado soviético.
- Artigo principal: Subdivisións de Rusia.
A Federación Rusa estrutúrase en 89 subdivisións. Dentro da federación existen 21 repúblicas que gozan dun alto grao de autonomía sobre a maior parte das cuestións internas e estas corresponden a algunhas minorías étnicas de Rusia (aínda que non sempre sexan maioritarias nese territorio). Cada república ten a súa propia constitución. O territorio restante consiste en 9 krais (territorios), 46 provincias coñecidas como óblasts, 4 distritos autónomos e un óblast autónomo. A parte destes hai dúas cidades federais, Moscova e San Petersburgo. Recentemente, engadíronse sete distritos federais extensos como unha nova capa entre as subdivisións e o nivel nacional.
- Artigo principal: Xeografía de Rusia.
O relevo de Rusia é variado: dominan chairas e vales (3/4 do territorio). As chairas Leste-Europea e Oeste-Siberiana, divididas polos montes Urais, son as maiores do planeta. Punto máis elevado: monte Elbrus (5.642 m).
Catro zonas climáticas -ártica, subártica, temperada e subtropical- determinan o clima da Rusia con 4 seguintes estacións no ano: inverno longo e nevoso, primavera temperada, verán curto e quente e outono chuvioso. As temperaturas medias varían en todo o territorio: en xaneiro -de -1 °C a -50 °C, en xullo- de 1 °C a 25 °C. Preto do 14 % do territorio (Siberia Norte e Norte do Oriente Extremo) fican alén do círculo polar co chan perennemente conxelado. A noite alá é de 60 días. As paisaxes severas dos desertos árticos do Norte sucédeas a tundra con mofo e lique. O inverno na tundra conta con 8-9 meses por ano. Máis para o Sur están espalladas as famosas forestas rusas que ocupan por volta de 43% do territorio do país. Os bosques densos de coníferas de difícil acceso chámanse "taigas".
Os bosques rusos supoñen máis da quinta parte das árbores do planeta, estimándose o seu volume en 111 miles de millóns de m3 (cada m3 ten unha masa de arredor de 1 tm).[3] Na zona central da Rusia atópanse as fragas máis claras, mixtas, dominadas por bidueiros, ameneiros, carballos. As fragas das zonas centrais están divididas por estepas. A maior parte de estepas é labrada e sementada con trigo, centeo, millo, xirasois etc. No Sur do país, principalmente na costa do Mar Negro, o clima é subtropical co inverno curto e húmido e verán longo e quente. Praias bonitas, sol e augas cristalinas atraen aos turistas de todo o país.
En Rusia hai preto de 120 mil ríos. A maioría están conxelados no inverno.
- Artigo principal: Economía de Rusia.
Rusia ten pasado por importantes transformacións desde o fin da Unión Soviética, saíndo dunha economía illada e planeada centralmente, para unha economía de mercado globalmente integrada. As reformas económicas dos anos 1990 privatizaron gran parte da industria, coa notable excepción dos sectores de enerxía e militar.
Con todo, o rápido proceso de privatización, incluíndo un sistema de imprestimo para a compra de accións, permitiu a formación de "oligarquías" económicas con fortes relacións políticas, que deixaron a propiedade das empresas privatizadas altamente concentrada en poucas mans. A protección aos dereitos de propiedade é pequena e o sector privado está suxeito a intervencións do Estado.
O 2006 a economía de Rusia creceu polo oitavo ano consecutivo despois da crise de 1998. O petróleo e os seus derivados, así como o gas natural son hoxe os seus principais produtos de exportación. A súa industria pode ser dividida en dous bloques: un con grandes produtoras de materias primas, que teñen competitividade global -en 2009 Rusia transformouse no principal exportador de petróleo e gas natural do mundo, así como o terceiro exportador mundial de aceiro e aluminio primario- e outro con outras industrias pesadas menos eficientes, altamente dependentes dos mercados consumidores locais.[4]
O país asinou un acordo bilateral cos Estados Unidos como un preludio a unha futura adhesión á OMC.