From Wikipedia, the free encyclopedia
O Main é un río da Alemaña. É un dos afluentes máis caudalosos do Rin, ao cal se une pola súa marxe dereita, logo dun curso de 524 km. A súa bacía cobre unha área de 27.292 km².
O Main nace na Selva de Franconia a uns 524 msnm e desauga no Rin en fronte da cidade de Maguncia.
Pese a que seu curso é moi sinuoso, o Main é navegábel ao longo de 396 km. A través do canal Rin-Main-Danubio entróncase o Rin co Danubio.
O río atravesa os estados (Länder, nominativo plural do alemán Land) de Baviera, Baden-Württemberg (sinala os límites con Baviera uns quilómetros ) e máis Hessen.
Entre as cidades importantes que baña, cómpre destacar Würzburg, Offenbach am Main, Frankfurt am Main, Bayreuth, Kulmbach, Lichtenfels, Bamberg, Schweinfurt, Aschaffenburg, Hanau e Rüsselsheim.
Entre os tributarios do Main cabe salientar os seguintes:
O seu nome latín era Moenus, de onde deriva o romance Meno co o que foi coñecido nalgunhas das linguas hispánicas. O seu nome propiamente é céltico, derivado da raíz indoeuropea *mei- "ir, mover", da que tamén procede, probabelmente, o nome do río galego Miño.[Cómpre referencia]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Main |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.