From Wikipedia, the free encyclopedia
O Zézere (en grafía portuguesa Zêzere) é un río portugués que nace na serra da Estrela, a cerca de 1900 m de altitude, xunto ao Cântaro Magro, onde define un val glaciar. Seguindo para suroeste, conflúe co río Texo ao oeste da localidade de Constância, despois dun curso de cerca de 242 quilómetros.
O río Zézere é o segundo maior río exclusivamente portugués, tras o río Mondego. Os seus principais afluentes na marxe dereita son: o río Alge, o río Cabril, a ribeira de Unhais, o río Nabão, a ribera de Paul e a ribeira de Pêra. Na marxe esquerda recibe o ribeira de Bogas, a ribeira de Río Caria, a ribeira da Malhadancha, a ribeira da Isna, a ribeira de Meimoa, a ribeira da Sertã e a ribeira de Teixeira.
Da súa conca hidrográfica con 5043 km², 1056 km² pertencen ao río Nabão. Os grandes desnivéis, aliados ao volume de auga (por veces superior a 10.000 m³/s), representam unha notábel riqueza hidroeléctrica, aproveitada en três encoros: o de (Bouçã, o de Cabril e a presa de Castelo de Bode), que producen anualmente 700 millóns de kW/hora.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Zézere |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.