Síndrome de excitación sexual persistente
From Wikipedia, the free encyclopedia
A coñecida como síndrome de excitación sexual persistente, tamén citada ás veces polas siglas da denomiación en inglés PSAS (Persistent Sexual Arousal Syndrome), fai referencia a aparición dunha excitación espontánea e persistente nos órganos xenitais, con ou sen orgasmo, sen que haxa relación ningunha con sentimentos de desexo sexual. A síndrome foi documentada por vez primeira pola médica norteamericana Sandra Leiblum en 2001, e recentemente foi caracterizada na literatura médica como unha síndrome específica. Cómpre salientar que a PSAS non ten ningunha relación coa ninfomanía.