Sociedade Xeral de Autores e Editores
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sociedade Xeral de Autores e Editores[1] ou SXAE (Sociedad General de Autores y Editores ou SGAE en castelán), máis coñecida como SGAE, é unha entidade española de xestión colectiva dedicada á defensa dos dereitos de autor dos seus socios, entre os que se atopan toda clase de artistas e empresarios do negocio da cultura. Segundo os seus estatutos, é unha organización sen ánimo de lucro que xestiona o cobro e a distribución dos dereitos de autor dos autores e á vez preocupase polos intereses dos editores. Foi presidente Antón Reixa dende o 8 de maio de 2012[2] ata o 16 de xullo de 2013[3].
A SXAE ten máis de 100 anos de historia e as súas contas son auditadas, reciprocamente, por outras entidades de xestión de todo o mundo con quen ten subscritos convenios[Cómpre referencia].