Partido Socialdemócrata de Alemaña
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Socialdemócrata de Alemaña (Sozialdemokratische Partei Deutschlands SPD) é un partido político alemán, un dos máis antigos do mundo aínda en existencia. Orixinouse no seo do movemento obreiro, e é un dos membros da Internacional Socialista. Na actualidade está dirixido por Olaf Scholz (chanceler de Alemaña dende 2021), e as mocidades do partido coñécense como Jusos. O SPD participou no goberno que presidía a líder da Unión Demócrata Cristiá de Alemaña Angela Merkel.
Datos rápidos Dirixentes e organización, Líder ...
Partido Socialdemócrata de Alemaña | |
---|---|
Sozialdemokratische Partei Deutschlands | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Olaf Scholz |
Mocidades | Jusos |
Filiación internacional | Internacional Socialista Alianza Progresista |
Historia | |
Fundación | 23 de maio de 1863 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia Terceira vía Progresismo Europeísmo Socioliberalismo |
Outros datos | |
Sede | Berlín |
Publicación | Vorwärts |
Na rede | |
spd.de | |
Pechar