A lingua saami de Ter (Saa´mekiill) é unha lingua urálica falada polo pobo saami na península de Kola, en Rusia. É a lingua saami máis oriental de todas, pero hoxe en día está considerada unha lingua moribunda. No ano 2004 contaba con 10 falantes, e no 2010 o número descendeu a só dous.[3]

Datos rápidos Lingua saami de Ter Saa´mekiill, Códigos de lingua ...
Lingua saami de Ter
Saa´mekiill
Falado en: Rusia
Rexións: Laponia
Total de falantes: 2 (2010)[1]
Familia: Linguas urálicas
 Linguas saamis
  Linguas saamis orientais
   Lingua saami de Ter
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: sjt
Mapa
Thumb
Status
Thumb
O saami de Ter está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]
Pechar

Documentación

Non hai materiais nin recursos educativos en saami de Ter e non ten unha ortografía estandarizada. A lingua non está completamente documentada nin estudada. Hai documentos textuais, gravacións de son e dicionarios,[4][5] pero non hai gramáticas.

O documento máis antigo que se conserva da lingua saami de Ter é un pequeno vocabulario elaborado polo explorador británico Stephen Borough en 1557 e publicado por Richard Hakluyt.[6]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.