serie de novelas de Isaac Asimov From Wikipedia, the free encyclopedia
Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación son os tres títulos da saga de Isaac Asimov nos que percorre a historia da caída dun imperio galáctico e o nacemento dun novo baseado nunha interconexión dos humanos co seu contorno.
A saga tivo despois ampliación para dar cabida á existencia dun planeta consciente, na idea da Hipótese Gaia de James Lovelock.
A contorna das historias consiste nun Imperio Galáctico en descomposición. Nel, o matemático Hari Seldon desenvolve a teoría da psicohistoria, nova e eficaz socioloxía totalmente matematizada. Coas súas leis estatísticas de seguimento e control de masas, Seldon prevé a inminente caída do Imperio, estendido por toda a Vía Láctea, e en consecuencia, 30 000 anos escuros antes do xurdimento dun segundo imperio. A inercia da caída do Imperio é grande de máis como para poder detela, mais Seldon idea un plan polo que "a masa de eventos que chega debe desviarse só un pouco" para limitar os anos escuros a só mil. Para levar a cabo o seu plan, Seldon crea as Fundacións, dous grupos de científicos e enxeñeiros establecidos en extremos opostos da galaxia, para conservar o espírito da ciencia e a civilización, e así converterse nas bases do novo imperio galáctico.
Unha característica clave da teoría de Seldon, que ten influído na ciencia social do mundo real,[1] é o principio de incerteza en socioloxía: se unha poboación ten coñecemento do seu comportamento previsto, as súas accións colectivas autoconscientes vólvense imprevisibles.
A saga resúmese no seguinte cadro:
Serie | Título | Ano | ISBN (obra orixinal) |
---|---|---|---|
Precuelas | Prelude to Foundation | 1988 | 0-553-27839-8 |
Forward the Foundation | 1993 | 0-553-40488-1 | |
Triloxía orixinal | Foundation | 1951 | 0-553-29335-4 |
Foundation and Empire | 1952 | 0-553-29337-0 | |
Second Foundation | 1953 | 0-553-29336-2 | |
Novelas posteriores | Foundation's Edge | 1982 | 0-553-29338-9 |
Foundation and Earth | 1986 | 0-553-58757-9 |
A comezos de 2023, non tiñan tradución ó galego.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.