Sahul
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sahul, tamén chamado continente australiano, é unha rexión xeográfica situada no continente de Oceanía, conformada por Australia, Tasmania, Nova Guinea e diversas illas adxacentes como as illas Aru e as Raja Ampat. A pesar de que Australia está separada de Papúa Nova Guinea polo estreito de Torres e de Tasmania polo de Bass, as tres masas de terra son as partes afloradas da mesma plataforma continental e están moi relacionadas dende os puntos de vista biolóxico, xeolóxico e antropolóxico.
As illas de Nova Zelandia non son consideradas parte de Sahul, pero si parte de Australasia para outros propósitos ligados coa bioxeografía.