Sal (química)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un sal é un composto neutro dun catión ligado a un anión. O sal é tipicamente o produto dunha reacción química entre:
- Unha base e un ácido, forman un sal máis auga. Ex.: 2NaOH + H2SO4 → Na2SO4 + 2H2O sulfato de sodio
- Un metal e un ácido, forman un sal máis hidróxeno. Ex.: Mg + H2SO4 → MgSO4 + H2 sulfato de magnesio
- Un óxido ácido e un óxido básico, formando un sal, ex.: CO2 + CaO → CaCO3 carbonato de calcio
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sal.
En xeral, os sales son compostos iónicos que forman cristais. Son frecuentemente solúbeis en auga, onde os dous ións se separan. Os sales en xeral teñen un alto punto de fusión, reducida dureza e pouca compresibilidade. Fundidos ou disolvidos en auga, conducen a electricidade.
Os sales reciben o nome dos ións que os constitúen. Os compoñentes catiónicos, en xeral ións metálicos ou amonio, son presentados no final, precedidos dos compoñentes aniónicos: cloruro de potasio, acetato de sodio etc. Os anións reciben o nome de acordo co ácido que os formou. Exemplos:
- acetatos son os sales do ácido acético
- carbonatos son os sales do ácido carbónico
- cloruros son os sales do ácido clorhídrico
- cianuros son os sales do ácido prúsico, máis coñecido por ácido cianhídrico
- sulfuros son os sales do ácido sulfhídrico
- nitratos son os sales do ácido nítrico
- nitritos son os sales do ácido nitroso
- fosfatos son os sales do ácido fosfórico
- sulfatos son os sales do ácido sulfúrico
- citratos son os sales ácido cítrico