Salmos
libro da Biblia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Salmos (do grego: Psalmoi) (significaba orixinariamente "canción acompañada de arpa", de psallein "tocar un instrumento de corda", Ψαλμοί; hebreo: Teghilim, תהילים, ou "loanzas") é un libro da Biblia hebrea ou Antigo Testamento, designa un poema cantado ao son dun instrumento musical tiñan como finalidade a oración e as celebracións do Templo de Xerusalén e doutros lugares de culto[1].
Na Biblia hebrea, os Salmos cóntanse entre as "Escrituras" ou Quetuvim (unha das tres seccións principais nas que se agrupan os libros).
O libro dos Salmos, especialmente se está impreso de forma separada e feito para o canto, tamén é chamado Salterio.