For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for San Cibrán de Barcala, A Baña.

San Cibrán de Barcala, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.)
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.
San Cibrán de Barcala
Cruceiro en San Cibrán de Barcala.jpg
Cruceiro a carón da igrexa parroquial.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Área1,96 km²
Poboación122 hab. (2016)
Densidade62,24 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cibrán de Barcala é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 122 habitantes (68 mulleres e 54 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 150 habitantes.

Historia

Existen poucos vestixios do Neolítico na parroquia. Atópase un grupo de dúas mámoas chamadas as de Tarroeira. Ambalas dúas están nun aparente bo estado de conservación. Da Idade de Ferro hai un asentamento fortificado denominado o Cotón dos Castros, cun pequeno parapeto moi esmorecido polas labores agrícolas. Unha gran parte da croa encóntrase dentro do concello de Negreira.[3]

Esta parroquia é un anexo de San Mamede de Monte, pero non foi así sempre. No ano 1334 ten relación cos señores Soga Mariño de Lobeira, dado que dona Leonor González, viúva de Ruy Soga, deixa no testamento unha cantidade para a restauración da igrexa. Esta familia entronca cos Mariño e os Lobeira que son os señores do Pazo de Cotón e outros de Barcala. No ano 1607 pertencía ao Arcediagado de Trastámara. No 1640, un visitador en nome do cardeal Spínola, observando o estado ruinoso da igrexa, manda que se fagan as obras necesarias baixo ameaza de excomuñón. En 1778 é motivo de disputa a pertenza desta parroquia; entre o mosteiro de San Martíño Pinario, á que pertencía Monte, e o Arcediagado de Trastámara. No 1791 é necesario realizar unha nova igrexa e o visitador manda que os veciños se sirvan da igrexa de Covas. Isto provoca unha protesta entre a veciñanza de Covas na que non deixan a súa igrexa nin os seus fondos para os de San Cibrán. Como son as cousas, pois na actualidade a misa dominical repártese unha semana nunha parroquia e outra semana na outra.

A finais do século XVIII complétase a nova igrexa, de estilo neoclásico, pero coa renovación pérdense os vellos retablos e moitas imaxes como a de San Blas e San Bartolomeu, aínda que as maiores perdas están nos obxectos de orfebrería.

Como curiosidade, o campanario da igrexa está separado desta, estando situada na parte alta da carballeira que rodea a igrexa de San Cibrán da Barcala.

Arquitectura popular

Muíños

En San Cibrán non hai. O muíño da Fontenla, na parroquia de Covas, figura a nome duns veciños de San Cibrán.

Pombais

  • Pombal en San Cibrán

Festas

  • 2º domingo de xuño: Santa Lucía
  • 14 de setembro: San Cibrán
  • 15 de setembro: O Pilar

Lugares e parroquias

Lugares de San Cibrán de Barcala

Lugares da parroquia de San Cibrán de Barcala no concello da Baña (A Coruña)

Chantada | San Cibrán | A Tarroeira

Parroquias da Baña

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Concello da Baña. Guía da Baña. Concello da Baña. 
  3. "PXOM A Baña". 
  4. 4,0 4,1 Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco. 

Véxase tamén

Outros artigos

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
San Cibrán de Barcala, A Baña
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.