Estadio de San Mamés (2013)
From Wikipedia, the free encyclopedia
San Mamés é un estadio de fútbol situado no barrio de Basurtu da cidade de Bilbao, no País Vasco. Foi inaugurado na súa primeira fase de construción o 16 de setembro de 2013 e é o sucesor do antigo San Mamés. É utilizado principalmente polo Athletic Club para a práctica do fútbol, aínda que terá outros usos complementarios nos que se inclúe un centro de innovación deportiva e outro de medicina deportiva, unha pista de atletismo subterránea e un polideportivo municipal. Ademais, será utilizado como recinto para concertos de grande envergadura, do mesmo xeito que o seu antecesor.
San Mamés | |
---|---|
Datos | |
Localización | Pitxitxi Kalea, s/n Bilbao, País Vasco |
Construción | |
Inauguración | 16 de setembro de 2013 |
Arquitecto | César Azkarate |
Custo | 218 000 000 € |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 53.289 |
Propietario | San Mamés Barria S.L. (Athletic Club, Deputación Foral de Biscaia, Goberno vasco, BBK e Concello de Bilbao) |
Localía | Athletic Club |
- Para o antigo estadio de San Mamés véxase: Estadio de San Mamés (1913).
A primeira pedra colocouse o 26 de maio de 2010 e o inicio das obras foiu, oficialmente, o 25 de xuño do mesmo ano. O estadio estase realizando en dúas fases: na primeira, xa concluída, levouse a cabo a construción dos dous laterais e un dos fondos, mentres que na segunda construirase o último fondo e habilitaranse os palcos VIP. Estímase que o estadio estará totalmente construído na primavera de 2015, aínda que o Athletic Club comezou a xogar nel a partir da tempada 2013/14, a falta da construción dun dos fondos.[1] O estadio foi inaugurado na súa primeira fase de construción, o luns 16 de setembro de 2013, nun partido de liga fronte ao Celta de Vigo que gañou o equipo local por 3-2.
O novo campo ten capacidade para 53 289 localidades (ampliable en 2000 máis, segundo o arquitecto César Azcárate), e conta co rango de estadio de Categoría 4 (o máximo outorgado pola UEFA), co que poderá albergar finais organizadas pola UEFA.[2][3]