Santa Rosa de Viterbo, Boyacá
concello do departamento de Boyacá, en Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa Rosa de Viterbo é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Tundama. Atópase a uns 67 quilómetros ao norte da cidade de Tunja e a 197 quilómetros da cidade de Bogotá. Durante o período da República de Nova Granada, foi creada a Provincia de Tundama en 1849, da que se converteu na súa capital ata a incorporación no Estado Soberano de Boyacá en 1858. Coa reforma político-administrativa do presidente Rafael Reyes Prieto (1904-1909), converteuse en capital do departamento de Tundama en 1905[1] e do departamento de Santa Rosa[2] dende 1908 ata 1910.
Datos rápidos Localización, Xeografía ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia de Tundama | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 107 km² | ||||
Altitude | 2.753 m | ||||
Creación | 1689 | ||||
Páxina web | santarosadeviterbo-boyaca.gov.co… |
Pechar