Sarisa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A sarisa (en grego σάρισα) era unha lanza moi longa, entre 4 e 7 m, empregada nas falanxes macedonias. Era unha arma moi pesada (uns 5 kg) cun ferro aceirado na punta e unha traba de bronce puntiaguda que permitía que se fixase no chan para deter os ataques do inimigo.
Fóra do seu uso en formación pechada na falanxe, a sarisa era unha arma inútil e difícil de transportar. Nas marchas desmontábase en dúas pezas que se unían para o combate.
A invención da sarisa atribúese a Filipe II de Macedonia, pai de Alexandre Magno .