Schachnovelle (ópera)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Schachnovelle é unha ópera nun acto composta entre 2010 e 2012 por Cristóbal Halffter con libreto en alemán de Wolfgang Haendeler, baseado na novela homónima de Stefan Zweig.[1] A obra, terceira ópera do compositor español,[2] foi un encargo do Theater Kiel e a Ernst von Siemens Musikstiftung, e foi representada por primeira vez na Opernhaus de Kiel (Alemaña) o 18 de maio de 2013.[1] O compositor adicoulle a ópera ao seu fillo Pedro.[3]
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 1 acto |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Wolfgang Haendeler |
Fontes literarias | Schachnovelle de Stefan Zweig |
Estrea | 18 de maio de 2013 |
Teatro da estrea | Opernhaus Kiel |
Lugar da estrea | Kiel |
Duración | 115 minutos |
Música | |
Compositor | Cristóbal Halffter |
coro | SATB |
A obra está encadrada no grupo de óperas de Halffter denominado ás veces como Kieler Trilogie (Triloxía de Kiel), xunto ás dúas primeiras óperas do compositor madrileño: Don Quijote e Lázaro. As tres obras de Halffter teñen como denominador común as súas representacións na ópera da cidade alemá. Se ben Don Quijote foi estreada no Teatro Real de Madrid e recuperada para o teatro alemán, Lázaro e Schachnovelle foron estreadas na Opernhaus Kiel.[4]