Seúl
cidade e capital de Corea do Sur / From Wikipedia, the free encyclopedia
서울 (ko) | |||||||||||||
Símbolo oficial | Pega (aves) Forsythia (flor) Xinkgo (árbore) | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | capital | ||||||||||||
Localización | |||||||||||||
| |||||||||||||
Estado | Corea do Sur | ||||||||||||
Enclave en | Gyeonggi (pt) | ||||||||||||
Capital de | |||||||||||||
Capital | Jung District (en) | ||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 9.668.465 (2020) (15.974,33 hab./km²) | ||||||||||||
Q11934751 | 首爾 | ||||||||||||
Lingua oficial | lingua coreana | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Superficie | 605,25 km² | ||||||||||||
Bañado por | Rio Han (pt) , Cheonggyecheon (pt) , Jungnangcheon (en) , Anyangcheon (en) , Tancheon (en) e Yangjaecheon (en) | ||||||||||||
Altitude | 38 m | ||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||
Creación | 6 de xuño de 1395 | ||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
Órgano executivo | Seoul Metropolitan Government (en) | ||||||||||||
• Alcalde | Oh Se-hoon (2021–) | ||||||||||||
Órgano lexislativo | Seoul municipal council (en) Circunscrición: 97, (Escano: 110) | ||||||||||||
Membro de | |||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
ISO 3166-2 | KR-11 | ||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||
Páxina web | seoul.go.kr | ||||||||||||
Este artigo amosa escritos coreanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Seúl (서울; hangul, 서울특별시; hanja, 서울特別市; romanización revisada, Seoul Teukbyeolsi; McCune–Reischauer, Sŏul T'ŭkpyŏlsi) é a capital e meirande metrópole de Corea do Sur.[1] Segundo o censo de 2020, Seúl tiña unha poboación de 9,9 millóns de persoas[2] e forma o corazón da Área da capital de Seúl coa metrópole circundante de Incheon e a provincia de Gyeonggi. Considerada unha cidade global e clasificada como unha cidade alfa pola Globalization and World Cities Research Network (GaWC),[3] Seúl foi a 4ª economía metropolitana máis grande do mundo en 2014 despois de Toquio, Nova York e Os Ánxeles. A área da capital de Seúl, que inclúe á metrópole de Incheon na provincia de Gyeonggi, é unha das áreas metropolitanas máis poboadas do mundo, con arredor de 25,6 millóns de persoas,[4] sendo o fogar da metade dos surcoreanos e 632.000 residentes internacionais.[5]
Seúl foi cualificada, por Arcadis en 2015, como a cidade máis habitable de Asia coa segunda maior calidade de vida a nivel global, cun PIB per cápita duns 40.000 dólares. Con grandes centros tecnolóxicos centrados en Gangnam-gu e Digital Media City,[6] a área da capital de Seúl alberga a sede de 15 compañías da lista Fortune Global 500, incluíndo Samsung,[7] LG, e Hyundai. A metrópole, que ocupa o sétimo lugar no índice de cidades glovais e no índice de centros financeiros globais, exerce unha grande influencia nos asuntos mundiais como unha das cinco principais anfitrioas de conferencias mundiais.[8] Seúl acolleu os Xogos Asiáticos de 1986, os Xogos Olímpicos de verán de 1988 e o cumio do G20 de Seúl de 2010.
A Área da capital de Seúl contén cinco sitios declarados Patrimonio da Humanidade da UNESCO: Palacios Changdeok, Fortaleza de Hwasong, Santuario de Chongmyo, Namhansanseong e as Tumbas reais da dinastía Joseon.[9] Máis recentemente, Seúl foi un lugar importante de construción arquitectónica moderna; os principais puntos de referencia modernos inclúen o N Seoul Tower, o 63 Building, a Lotte World Tower, a Dongdaemun Design Plaza, Lotte World, Trade Tower, COEX, e o IFC Seoul. Seúl foi nomeada Capital Mundial do Deseño en 2010. É o lugar de nacemento do K-pop e da onda coreana.
Situada á beira do río Han, a historia da cidade abrangue máis de 2.000, dende a súa fundación no ano 18 a. C. por Baekje, un dos Tres reinos de Corea. Continuou como capital de Corea durante a dinastía Joseon e o Imperio de Corea. Seúl está rodeada por montañas, sendo a máis alta Bukhansan, o parque nacional máis visitado do mundo por metro cadrado.[10] Seúl foi votado como o destino turístico máis desexable polos turistas chineses, xaponeses e tailandeses durante tres anos consecutivos entre 2009 e 2011[11] con máis de 10 millóns de visitantes internacionais no 2012.[12]