modificacións fonéticas das consoantes do antigo alto alemán, que o separaron do baixo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
A segunda mutación consonántica é un conxunto de modificacións fonéticas que afectaron ás consoantes do antigo alto alemán (actualmente coñecido simplemente como "alemán", ou "alemán estándar") separándoo do baixo alemán a través dunha isoglosa coñecida como liña Benrath. Apareceu tras as modificacións descritas polas leis de Grimm e de Verner (que se agrupan baixo o nome de "primeira mutación consonántica") entre os séculos IV e VIII. Afectou a case todo o léxico do momento, pero tamén a palabras posteriores.
O estudo destas modificacións é básico para a comprensión das especificidades fonéticas do alemán a respecto das outras linguas xermánicas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.