Selección de fútbol de Chile
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de fútbol de Chile é o equipo representativo do Chile nas competicións internacionais oficiais de fútbol. É unha das seleccións nacionais máis antigas de Suramérica xunto coa Arxentina, disputando o seu primeiro partido o 27 de maio de 1910. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Chile, cuxa fundación data do 19 de xuño de 1895 (128 anos). Está afiliada á FIFA dende 1913 e foi un dos membros fundadores da Confederación Suramericana de Fútbol (Conmebol) en 1916.
Chile | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Federación de Fútbol de Chile — FFC | ||
Confederación | CONMEBOL (Suramérica) | ||
Código FIFA | CHI | ||
Alcume | La roja (A vermella) El equipo de todos (O equipo de todos) | ||
Clasificación FIFA | 17 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Modelo:B | ||
Máis encontros | Alexis Sánchez (132) | ||
Máximo goleador | Alexis Sánchez (43) | ||
Estrea internacional Arxentina 3 - 1 Chile Buenos Aires, Arxentina; 27 de maio de 1910 | |||
Maior vitoria Chile 7 - 0 Venezuela Santiago, Chile; 29 de agosto de 1979 Chile 7 - 0 Armenia Viña del Mar, Chile; 1 de abril de 1997 Chile 7 - 0 México Copa América Centenario; 18 de xuño de 2016 | |||
Maior derrota Brasil 7 - 0 Chile Río de Xaneiro, Brasil; 17 de setembro de 1959 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 9 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | 3º (1962) | ||
Copa América | |||
Participacións | 39 (1916) | ||
Mellor resultado | 1º (2015, 2016) | ||
Participou en oito Copas Mundiais: as de 1930, 1950, 1962, onde foi o país organizador, 1966, 1974, 1982, 1998 e 2010. O máximo logro da selección chilena foi acadar o chanzo no mundial tras superar a Iugoslavia, na Copa Mundial de Fútbol de 1962, na cal foi a anfitrioa. A nivel rexional, foi subcampión da Copa América en catro ocasións (1955, 1956, 1979 e 1987), e gañou o torneo en 2015 e 2016.
A nivel de seleccións menores, Chile acadou en dúas ocasións o terceiro lugar: na Copa Mundial de Fútbol Sub-17 de 1993 no Xapón e na Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2007 disputada no Canadá. No ámbito olímpico, Chile obtivo unha medalla de bronce en Sidney 2000. Con estes logros, a selección de fútbol de Chile é, xunto coas seleccións nacionais de Alemaña, Arxentina, Brasil e España, unha das que obtivo algún dos tres primeiros lugares na historia dos campionatos adulto, sub-20, sub-17 e olímpico.