Selección de rugby de Escocia
selección de rugby a 15 de Escocia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de rugby de Escocia representa a Escocia en torneos internacionais de rugby. O rugby en Escocia está regulado pola Unión de Rugby Escocesa (SRU). O equipo ocupa o noveno posto na lista mundial da IRB[1] e forma parte tamén do British and Irish Lions (un combinado formado por xogadores de tódalas nacións das Illas Británicas que xoga partidos de exhibición cada certo tempo). Anualmente toman parte no torneo das Seis Nacións e participa na Copa do Mundo de Rugby, que ten lugar cada catro anos.
Escocia | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | XV do Cardo | ||
Emblema | Cardo | ||
Unión | Scottish Rugby Union | ||
Adestrador | Gregor Townsend | ||
Capitán | Stuart Hogg | ||
Mais caps | Ross Ford (110) | ||
Máximo anotador | Chris Paterson (809) | ||
Máis ensaios | Ian Smith (24) Tony Stanger (24) | ||
Estadio | Murrayfield (67 500) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 9 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 5 (2018) | ||
Mínimo | 12 (2015) | ||
Estrea internacional | |||
Escocia 1−0 Inglaterra Edimburgo, Reino Unido; 27 de marzo de 1871 | |||
Maior vitoria | |||
Escocia 100−8 Xapón Perth, Reino Unido; 13 de novembro de 2004 | |||
Maior derrota | |||
Escocia 10−68 Suráfrica Edimburgo, Reino Unido; 6 de decembro de 1997 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 9 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | 4º (1991) |
O rugby escocés data de 1871, cando gañaron a Inglaterra no primeiro partido internacional de rugby en Raeburn Place (Edimburgo). Dende que comezou en 1883, Escocia compite no Cinco Nacións gañando o campionato de pleno dereito en 14 ocasións, incluíndo o último torneo das Cinco Nacións en 1999, e compartindo outros 8. No ano 2000 a competición aceptou a un sexto participante, Italia, o que deu lugar ao Seis Nacións. Dende este troco Escocia non volveu nunca gañar o torneo. A Copa do Mundo de Rugby celebrou a súa primeira edición en 1987 e Escocia competiu até o de agora en tódalas ocasións, a última en 2007. O mellor posto do XV do Cardo nesta competición foi en 1991, onde perderon cos All Blacks no partido polo terceiro posto.
Escocia ten unha grande rivalidade coa selección inglesa. Compiten anualmente pola Calcutta Cup coma parte do torneo das Seis Nacións. Os escoceses son os actuais posuidores do trofeo trala súa vitoria por 15 a 9 no Seis Nacións de 2008 no Murrayfield. Porén, nos últimos anos, Escocia conseguiu poucas vitorias fronte o seu Auld Enemy (vello inimigo), gañando só catro veces dende 1990. Ademais lonxe da súa última vitoria en Inglaterra, que foi en 1983.