Selo discográfico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un selo discográfico ou discográfica[1] é unha empresa que se dedica a realizar gravacións de música, así como a comercialización e distribución das mesmas. Ademais, encárgase de producir artistas de calquera xénero musical, lanzar novos cantantes, proporcionar o necesario como a produción de videoclips, álbums, a promoción na radio, descargas de cancións dende Internet, realizar concertos, entre outras tarefas de difusión.