Separations
From Wikipedia, the free encyclopedia
Separations é o terceiro álbum da banda inglesa de britpop Pulp. Gravado en 1989, publicouse tardiamente en xullo de 1992 a través do selo independente Fire Records. As cancións da segunda metade do disco son dun estilo acid house experimental, mentres que a primeira metade contén temas máis típicos de Pulp.
Separations | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Pulp | ||||
Gravación | agosto - setembro de 1989 | |||
Estudio(s) | Fon Studios, Sheffield | |||
Duración | 48:41 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, pop | |||
Selo(s) | Fire Records | |||
Producido por | Alan Smyth, Pulp | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
O álbum foi remasterizado e reeditado en 2012 por Fire Records, xunto con It e Freaks. Esta reedición atrasouse varias veces, ao estar prevista inicialmente para o 8 de agosto do 2011, sendo o lanzamento finalmente o 13 de febreiro de 2012. Durante ese período a información sobre a remasterización dos álbums e sobre que se engadirían novos temas foi confirmada. A reedición tamén inclúe un novo libreto con notas do xornalista musical Everett True.