Serra (xeografía)
conxunto de montañas dentro doutro conxunto máis grande, como é unha cordilleira / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha serra (do idioma latín sĕrra), é un conxunto de montañas dentro doutro conxunto máis grande, como é unha cordilleira cuxa liña de cumes ten forma aserrada ou crebada, que pola súa forma recorda unha serra.[1] Polo xeral é máis longa que alta e o seu eixo central denomínase eixo orográfico. As serras poden ter dimensións que exceden o centenar de quilómetros. Dentro dunha serra pódense atopar algúns macizos, que se diferencian pola mesma agrupación de cimas cunha maior altitude respecto ao resto de montañas ou porque se elevan dunha forma singular entre un espazo relativamente plano (por exemplos o macizo de Montserrat).