Servizo de intelixencia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Servizo de intelixencia, servizo secreto ou axencia de intelixencia é unha axencia pertencente a un goberno, que ten como función a obtención de información (intelixencia) relacionada con posíbeis ameazas á seguridade e integridade do Estado. Cando unha axencia obtén información secreta sobre un estado, país ou organización sen autorización do mesmo, a esa actividade chámaselle espionaxe. A maioría dos servizos de intelixencia usan diversos métodos espionaxe contando coa indulxencia dos seus respectivos gobernos. Todos os estados consideran como actividade criminal a espionaxe, mais por norma abstéñense de xulgar a súa propia espionaxe, cuxa práctica en principio non recoñecen nin comentan.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Alén de ocuparse da obtención de información, os servizos secretos tamén tentan evitar a acción de servizos de intelixencia estranxeiros no seu país, a chamada contraespionaxe.
As axencias de intelixencia poden proporcionar os seguintes servizos ós seus gobernos:
- Proporcionar unha análise en áreas relevantes para a seguridade nacional.
- Dar a alerta previa dunha crise inminente.
- Xestionar crises nacionais ou internacionais axudando a diferenciar as intencións dos posíbeis opositores, actuais ou potenciais nun futuro.
- Informar ás autoridades encargadas dos plans da defensa nacional e das operacións militares.
- Protexer a información, tanto a das súas fontes e actividades coma as das outras axencias estatais.
- É posíbel que actúen de forma encuberta para influír no desenlace de acontecementos en prol dos intereses nacionais.