Queda ao norte da península siberiana de Taimir entre o mar de Kara e o mar de Laptev. O arquipélago de Terra do Norte foi avistado por en 1913 e cartografado por primeira vez en 1933, converténdose no último arquipélago da Terra en ser descuberto.
Administrativamente, forma parte do krai de Krasnoyarsk da Federación Rusa.
O arquipélago ten as seguintes catro illas maiores:
Illa da Revolución de Outubro, a maior do arquipélago, con 14.170km². Foi a primeira en ser explorada na expedición de G. A. Ushakov e N. N. Urvantsev en 1930–32.
Illa Bolxevique, unha illa montañosa, a máis meridional do grupo e a segunda por tamaño, con 11.031km².
Illa Komsomolets, a máis setentrional do grupo e a terceira por tamaño, con 9.006km².
Illa Schmidt, con 467km², a máis afastada do grupo, situada ao noroeste do arquipélago, nunha zona case de permanentes xeos, a illa está case cuberta por completo polo «campo de hielo Schmidt».[2] Leva o seu nome en honor do científico ruso Otto Schmidt (1891 — 1956).
Bassford, R.P. et al. (2006) «Quantifying the Mass Balance of Ice Caps on Severnaya Zemlya, Russian High Arctic. I: Climate and Mass Balance of the Vavilov Ice Cap», en Arctic, Antarctic, and Alpine Research 38(1): pp.1-12.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.