Shake Your Money Maker (álbum)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Shake Your Money Maker é o álbum de début da banda americana The Black Crowes, editado en xaneiro de 1990. É o único álbum da banda co guitarrista Jeff Cease. O álbum está chamado así debido a unha canción de blues escrita por Elmore James. The Black Crowes tocaron esa canción en directo moitas veces, pero non está incluída no álbum.
Datos rápidos Shake Your Money Maker, Álbum de The Black Crowes ...
Shake Your Money Maker | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Black Crowes | ||||
Publicado | xaneiro de 1990 | |||
Gravación | 1989 | |||
Estudio(s) | Soundscape Studios, Atlanta; Chapel Studios, Paramount Studios e Grandmaster Studios, Los Angeles. | |||
Duración | 43:42 | |||
Xénero(s) | hard rock, blues-rock, southern rock, rock and roll | |||
Selo(s) | Def American | |||
Producido por | George Drakoulias | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Pechar
Shake Your Money Maker chegou á 4ª posición na lista Billboard, e dous dos seus sinxelos, "Hard to Handle" e "She Talks to Angels", chegaron á primeira posición na lista Mainstream Rock Tracks. "Jealous Again", "Twice As Hard" e "Seeing Things" estiveron tamén nas listas dos Estados Unidos.