From Wikipedia, the free encyclopedia
En semiótica e en lingüística, o significante é a imaxe acústica que, unida ó significado, constitúe o signo lingüístico
O primeiro en profundar no concepto de signo lingüístico foi Ferdinand de Saussure, quen indicou que o que o signo lingüístico une non é unha cousa e un nome, senón un concepto (significado) e unha imaxe acústica (significante). O signo é unha entidade psíquica de dúas caras que presenta estes dous elementos intimamente unidos. No seu Curso de lingüística xeral, traduciu os termos utilizados con anterioridade polos pensadores do século XIX: Sinn (significante) e Bedeutung (significado).
Non se trata de entidades separadas, senón dunha relación que vai desde diferenzas significantes en son a potenciais denotacións diferenciais. Non se deben tomar os significantes como algo que se pode pronunciar fronte aos significados como cousas no mundo.
Na teoría da glosemática, elaborada por Hjemslev pártese de dúas afirmacións saussurianas:
Hjemslev desenvolveu a teoría do signo de Seaussure, denominando ó nivel dos significantes plano da expresión e ó nivel dos significados plano do contido, e recoñecendo en cada un deles unha forma e unha substancia.
No plano da expresión, Hjemslev denomina substancia da expresión ó material fónico bruto do que se ocupa a fonética. A forma da expresión é, polo tanto o sistema fonolóxico en que se diferencian unidades pertinentes ou fonemas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.