Simberi é unha illa no Arquipélago Bismarck no oeste do océano Pacífico, e pertence a Papúa Nova Guinea.

Máis información Vista da illa, Datos ...
Simberi
Vista da illa
Datos
CapitalPoponovuam
PaísPapúa Nova Guinea
LocalizaciónOcéano Pacífico
ArquipélagoArquipélago Bismarck
Linguas
Poboación (2010)1.100
Superficie40 km²
Densidade
Coordenadas2°38′S 151°59′L
Maior Altura340 m.
Localización
Localización da illa
Pechar

Xeografía

Simberi, incluída nas illas Tabar, forma parte da provincia de Nova Irlanda. Atópase a uns 900 km ao nordés de Port Moresby e a uns 25 km ao nordés da illa principal da provincia de Niu Ailan.

A illa é de orixe volcánica e ten unha superficie de ao redor de 40 km² cunha lonxitude duns 9 km e ao redor de 7 km de ancho. A altura máxima é duns 340 metros sobre o mar e atópase na parte oriental da illa. A illa está rodeada en gran parte por un arrecife de coral e unha serie de pequenas illas, a uns 10 km da costa oeste está outro dos arrecifes. Simberi é a máis setentrional e a illa máis pequena do arquipélago.

A poboación distribúese principalmente nalgunhas aldeas ao longo da costa e o interior da illa está cuberta principalmente por bosques tropicais.

A illa conta recentemente cun aeroporto. Un estreito de case 2 quilómetros de ancho separaa da veciña illa de Tatau.

Historia

O arquipélago foi habitado por melanesios, probablemente desde o 1500 aC. Foi descuberto polos mestres neerlandés Jacob Le Maire e Willem Schouten en xuño de 1616, que entón denominarona "Illa Gardner". Foron descubertos máis tarde por Abel Tasman, e polo navegante galego Francisco Mourelle de la Rúa que a chamou "San Francisco".

A zona terminou en 1885 como parte da Nova Guinea Alemá. A área foi administrada inicialmente pola compañía da Nova Guinea Alemá.

Logo da primeira guerra mundial a zona quedou baixo o control de Australia.

De 1942 a 1945 foi ocupada polo Xapón, pero logo volveu ao mandato da administración de Australia e a de Papúa Nova Guinea cando independizouse en 1975.

Hai unha mina a ceo aberto de ouro en Simberi. Dise que o mariñeiro sueco Carl Emil Pettersson foi un dos primeiros en atopar ouro na illa. Crese que Pettersson foi o modelo de Astrid Lindgren para o pai de Pippi Mediaslongas, o capitán Efraim Mediaslongas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.