Sistema urinario
From Wikipedia, the free encyclopedia
O sistema, aparato -ou aparello- urinario é o conxunto de órganos dos animais multicelulares que teñen como función a expulsión dos diferentes produtos de refugallo que se producen a consecuencia do metabolismo celular nos distintos órganos e tecidos corporais, evitando que alcancen concentracións tóxicas. Por compartir órganos co aparato reprodutor estudouse conxuntamente baixo a denominación de xenitourinario.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Sistema urinario | |
---|---|
1. sistema urinario humano: 2. Ril, 3. Pelve renal, 4. Uréter, 5. Vexiga urinaria, 6. Uretra | |
Latín | systema urinarium |
Adoita identificarse co aparato excretor, pero cómpre ter presente que no corpo existen outros órganos excretores, como as glándulas sudoríparas, o fígado ou os pulmóns. Aínda así, estes órganos cumpren outras funcións que son prioritarias polo que se estudan dentro da anatomía da pel, do aparato dixestivo ou do aparato respiratorio, reservando para a anatomía do aparato urinario o conxunto de órganos que teñen como única -ou principal- función a excreción de substancias tóxicas.