Special Broadcasting Service
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Special Broadcasting Service (SBS, en galego Servizo Especial de Radiodifusión) é un grupo audiovisual público de radio e televisión de Australia, dedicado ás minorías australianas. Os servizos de radio comezaron en 1975 e a televisión iniciouse en 1980.
Datos rápidos Inicio das emisións, Propiedade de ...
Special Broadcasting Service | |
---|---|
Inicio das emisións | 1975 (radio), 1980 (TV) |
Propiedade de | Empresa pública |
Slogan | Seven billion stories and counting... "7000 millóns de historias e sumando..." |
País | Australia |
Lingua | Inglés |
Sede central | Sydney |
Na rede | |
http://www.sbs.com.au/ | |
Pechar
O propietario da cadea é o Goberno de Australia. Con todo, SBS non é o único organismo público de radiotelevisión no país, xa que ese status tamén o posúe Australian Broadcasting Corporation (ABC). A diferenza de ABC, SBS caracterízase por unha programación de carácter multicultural e enfocada ás minorías do país.