director e produtor de cinema e televisión estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Stacy Peralta, nado o 15 de outubro de 1957 no barrio de Venice, nos Ánxeles (California), é un director e produtor de cinema e televisión estadounidense. Na súa xuventude foi un skater e surfista profesional e formou parte do grupo de skate dos Z-Boys.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1957 (66 anos) Venice, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Mexicanos americanos (pt) e irlandoamericano |
Educación | Venice High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , guionista , escritor , patinador de monopatín , realizador |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | Skate |
Familia | |
Fillos | Austin Peralta (pt) |
Comezou no skate ós quince anos de idade e axiña empezou a participar en competicións profesionais, acadando boas posicións até que con dezanove anos pasou a ocupar o primeiro posto na clasificación mundial de skateboard. Pouco despois, xunto con George Powell fundou a compañía de monopatíns chamada Powell Peralta. Co financiamento da compañía, Peralta formou a Bones Brigade, un equipo de skate composto polos mellores skaters da época, algúns dos cales revolucionaron o skate moderno. Tamén comezou a dirixir e producir os primeiros vídeos de skateboard que daquela supuxeron un pulo importante para novos skaters como Tony Hawk.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.