Steadicam
From Wikipedia, the free encyclopedia
O steadycam, inventado no 1976 por Garret Brown, é o sistema de estabilización de cámara máis popular na actualidade.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2012) |
Consiste nun sistema de suspensión e un brazo recto mecánico con soporte para a cámara e un sistema de contrapesos unido por un arnés e un chaleco co operador, que facilitan o labor de gravación nas tomas largas, xa que o peso se traslada por todo o corpo da persoa.
Utilizando a steadycam, e posible capturar a acción e mostrar imaxes similares ao punto de vista subxectivo do personaxe, sen causar movementos bruscos involuntarios ou por falta de concentración no tiro do operador, xa que os illa, e permite un tiro de cámara suave, incluso cando se move rapidamente sobre unha superficie irregular. O pouco tempo da súa invención, no 1980, Stanley Kubrick o utilizaría en The Shining, película que popularizaría as súas vendas.
Steadycam é agora unha marca rexistrada pola empresa Tiffen, aínda hai outros fabricantes que comercializan estabilizadores baseados no mesmo funcionamento, e de distintos tipos, como a Glidecam, a Bodycam, a FlightStick, a EasyRig...