From Wikipedia, the free encyclopedia
Os estrepsirinos (Strepsirrhini, do grego strepho, curvo e rhinos, nariz) son un suborde de primates cuxa principal característica é o seu nariz húmido. Atópanse en Madagascar e o sueste de Asia e considérase que teñen unhas características máis primitivas que haplorinos, o seu grupo irmán.
Strepsirrhini | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dende arriba, de esquerda a dereita: Lémure, Propithecus, Daubentonia, Varecia, Microcebus, †Darwinius, Loris e Otolemur. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Infraordes | |||||||||||
|
O seu nariz conéctase coa boca a través dun suco e teñen as narinas recubiertas dunha membrana desprovista de pelo chamada rinario, como ocorre cos cans e gatos. O tamaño do cerebro é menor e o seu bulbo olfactorio maior que nos haplorinos.
Coa excepción do Daubentonia madagascariensis, todos os estrepsirinos teñen os incisivos moi apiñados e un único canino. Case todas as especies son nocturnas e teñen cola prénsil. A reprodución segue un ciclo estral. Teñen un útero en forma de 'E' e numerosas glándulas mamarias.
Xunto cos társios (hoxe considerados Haplorrhini) formaban o antigo grupo dos prosimios que, así definidos son un grupo parafilético.
Suborde Strepsirrhini
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.